Imaxes que cobran vida

Bo día pequerrechos!! 

Cóntovos un segredo... o libro que vos recomendou o profe Carlos era un dos meus preferidos cando eu era tan cativiña coma vosoutros. Desfrutade moito con esta lectura!!

Como sabedes esta foi a semana do libro, semana na que reflexionariamos sobre a importancia de ler dado que mediante a lectura de contos, fábulas, rimas... adquirimos vocabulario, enriquecemos a nosa imaxinación e creatividade,... Así ben, a actividade que vos propoño a continuación vai a contribuír a todo o citado anteriormente. 

 

Estades listos?????

 

Mans a obra!!

 

1º Materiais que precisamos:

 

 

Rotuladores de pizarra           1 prato fondo           auga

 

NOTA: é moi importante que os rotuladores sexan de pizarra e borrables polo que non  servirían rotuladores permanentes nin doutro tipo.

 

2º Paso: realización do debuxo desexado.

No meu caso, elixín un corazón pero podemos facer coches, flores, formas xeométricas,... ou mesmo o principiño do que vos falaba Carlos.

Trucos para este paso:

-Non facer debuxos moi grandes nos primeiros intentos.

-No caso de facer cículos,corazóns,... debemos asegurarnos de que pechen dado que do contrario desprenderase algunha parte.

-Cando comecemos a administrarlles auga, NUNCA o faremos por riba deles dado que destruiriamolos por completo. Botaremos auga nas esquinas e moveremos o prato ata que a auga chegue ao debuxo.

-Ter moita paciencia dado que de querer apurar o proceso, o debuxo romperá tal e como podedes ver na seguinte imaxe.

 

 Agora vou a intentar que estes outros corazóns cobren vida. Amodiño, amodiño, amodiño e...

 

CONSEGUIDOOOOOOOO!!!

Como podedes comprobar a actividade é moi sinxela pero require de moita paciencia; aínda así, os resultados son ben fermosos.

 

NOTA: gravei un vídeo do proceso pero polo peso do mesmo non me permite subilo ao blog polo que vou a facilitarlles outro vídeo que me servíu de orientación.

 

Espero que vos guste tanto coma min.

Unha aperta ben forte

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer