"Mens sana in corpore sano"

  Xa que imos ter que pasar unha boa tempada portas adentro, non estaría de máis prestarlle unha especial atención ao noso estado físico, e en especial ao dos máis cativos, que polas súas especiais características necesitan un plus de actividade física.

  Aínda así eu vouvos recomendar un tipo de actividade que poderíamos denominar de baixa intensidade e que viría moi acaida para realizar nun espazo reducido, ao final da xornada e así os cativos poderense ir relaxando  e preparando para durmir.

  A actividade recomendada non sería outra que o ioga, adaptado para nenos do que hai moitas páxinas a vosa disposición na web, pero das que vos vou a seleccionar un par de vídeos que xa son familiares para eles por ter sido utilizadas nas clases de ed. física. Ademais da vantaxe da exercitación da flexibilidade que lles dá o ioga, tamén aquí se une o aspecto lúdico da música e canción que os acompañan, e que por certo xa sabían, se non a esqueceron en todo este tempo de reclusión.

O vídeos en cuestión serían os seguintes, todos en youtube:

  • Yoga para niños /Saludo al sol y yoga con animales
  • Saludo al sol cantado

Espero que desfrutedes con eles.

Un saudo e ata a próxima.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer