Recursos para todas as idades
Enviado por Anónimo o Mér, 25/03/2020 - 14:53
Bo día!!
Nestes días de encerro, debemos evitar caer na monotonía e no aburrimento polo que deixo a vosa disposición o seguinte enlace( http://aulasgalegas.org/) no cal poderedes atopar múltiples recursos para todos os niveis académicos.
Así ben, dicirvos que o portal educativo que poderedes visualizar no enlace, foi realizado por un conxunto de mestres e mestras que decidiron crear esta páxina para ofrecerlle unha axuda educativa a sociedade ante esta situación.
Espero que estes sexan do voso agrado.
Moita saúde familias!!