Segundo a resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de elección de membros escolares de centros educativos sostidos con fondos públicos (DOG 18.09.2024) dase comezo ás eleccións para a renovación do Consello Escolar.
Este ano 2024, toca renovación parcial no sector de mestres e no sector de nais/pais (dous membros).
Dende hoxe, luns 21 de outubro, quedarán expostos, durante 10 días, no Portal Norte do Centro, o censo das familias que poden votar, abríndose dende esta data, un período de reclamación a dito censo.
O martes, día 22 de outubro, terá lugar o sorteo dos membros da Xunta Electoral, e a partires das 14:00h do devandito día, farase público o resultado do mesmo.
Máis información, no seguinte arquivo: Circular Informativa Eleccións Consello Escolar 2024