O primeiro deber dun alumno/a é asistir á clase con puntualidade e cumprir e respectar os horarios.
Calquera falta de asistencia ou de puntualidade debe ser comunicada ao titor/a o antes posible (persoalmente ou por unha nota asinada, procurando non avisar por teléfono).
O alumno/a só pode marchar do centro co permiso da directora, titor/a ou profesor/a que lle está a dar clase nese momento.
A persoa que o vén recoller, deberá cubrir o impreso de "recollida en horario lectivo" (facilitaráselle en secretaría) no que deixa constancia de quen leva o/a discente.
ACCESO AO CENTRO EDUCATIVO
Segundo a Orde da Consellería de 22 de xullo de 1997 (DOG de 2/9/97), "Non se poderá acceder aos espazos didácticos pedagóxicos, incluídos os corredores, durante as horas de clase, sen a debida autorización".
PROTECCIÓN DA IMAXE DO MENOR
O alumnado menor de 18 anos ten a protección que lle proporciona a lexislación vixente, artigos 8 e 47, da Lei 3/1997 do 9 de xuño que regula a protección da propia imaxe. Por iso os pais que non desexen que os seus fillos/as sexan fotografados ou gravados en vídeo deberán avisar aos titores/as.
No suposto de non recibir aviso, farase como é costume.