Skip to Content

Asistencia e acceso

Asistencia, acceso e puntualidade

O primeiro deber dun alumno/a é asistir á clase con puntualidade e cumprir e respectar os horarios.

Calquera falta de asistencia ou de puntualidade debe ser comunicada ao titor/a o antes posible (persoalmente ou por unha nota asinada, procurando non avisar por teléfono).

O alumno/a  só pode marchar do centro  co permiso da directora, titor/a ou profesor/a que lle está a dar clase nese momento.

A persoa que o vén  recoller,  deberá cubrir o impreso de "recollida en horario lectivo"  (facilitaráselle en secretaría) no que deixa constancia de quen  leva o/a discente.

ACCESO AO CENTRO EDUCATIVO

Segundo a Orde da Consellería de 22 de xullo de 1997 (DOG de 2/9/97), "Non se poderá acceder aos espazos didácticos pedagóxicos, incluídos os corredores, durante as horas de clase, sen a debida autorización".

PROTECCIÓN DA IMAXE DO MENOR

O alumnado menor de 18 anos ten a protección que lle proporciona a lexislación vixente, artigos 8 e 47, da Lei 3/1997 do 9 de xuño que regula a protección da propia imaxe. Por iso os pais que non desexen que os seus fillos/as sexan fotografados ou gravados en vídeo deberán avisar aos titores/as.

No suposto de non recibir aviso, farase como é costume.

Distribuir contido


by Dr. Radut