O alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil, realizaron diferentes actividades no laboratorio de Educación Infantil da Facultade de Formación do Profesorado, un espazo de apredizaxe vivencial, no que levaron adiante diferentes propostas: ámbito sensorial, manipulativo e de experimentación, ámbito de xogo e experimentación coa luz e ámbito construtivo e tecnolóxico.
A actividade estivo coordinada por Mª Lina Iglesias Forneiro, profesora da Facultade.
O noso agradecemento á USC e a todas as persoas que fixeron posible esta xornada tan interesante; e como non, moitas grazas pola acollida tan boa que tivemos!
Álbum: Curso 2024-25 -> Traballando coa USC