Traballando coa USC
O alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil, realizaron diferentes actividades no laboratorio de Educación Infantil da Facultade de Formación do Profesorado, un espazo de apredizaxe vivencial no que levaron adiante diferentes propostas: ámbito sensorial, manipulativo e de experimentación, ámbito de xogo e experimentación coa luz e ámbito construtivo e tecnolóxico.
A actividade estivo coordinada por Mª Lina Iglesias Forneiro, profesora da Facultade. O noso agradecemento á USC pola acollida