Skip to Content

Conmemoracións

Samaín/Halloween/ Magosto 2024

Así de ben conmemoramos a festa de samaín / halloween e magosto no cole! Houbo obradoiros de cornetes, de manualidades,  truco o trato, contacontos de lendas e historias de medo, desfile pola rúa e unha boa merenda a base de castañas amenizada coa mellor música. Ah! e tamén a entrega de premios do certame literario " María Castaña 2024". 

Saímos no xornal "El Progreso" cantando a canción "No Samaín", e, ata o propio autor da canción que interpretamos, Paco Nogueiras (a quen lle estamos moi agradecidos pola súa música), aplaudíu a nosa actuación.

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de El Progreso de Lugo (@elprogresodelugo)

 

 
 
 
 
 
 

 
 
Álbum: Curso 2024-25 -> Samaín/Halloween/Magosto 2024

Conmemoración Samaín, Halloween, Magosto 2024

A piques está a chegar, a festa do outono máis popular! Xa podes consultar o programa de actividades. Non a podes perder!!

Descarga aquí o programa de actividades

E  como  non, convidámosvos a presentar as vosas creacións poético-literarias no I Certame literario "María Castaña"

Descarga aquí a bases de participación do I Certame Literario "María Castaña"

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Letras Galegas 2024

Conmemoramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano á escritora Luisa Villalta Gómez. Despois de coñecer a súa vida e obra literaria, xuntámonos para celebrar esta data con xogos populares: tira da corda, a chave, a raiola, o pano, pato-ganso, a ra ... , nos que un ano máis, contamos coa colaboración do alumnado e profesorado do CPI de FP Politécnico de Lugo. Como remate a esta xornada, gozamos da música tradicional galega que nos trouxo a Asociación Cultural Foliada de Bosende. 

O noso agradecemento a ámbalas dúas institucións pola súa inestimable colaboración. Moitas Grazas!

 
 
Álbum: Curso 2023-2024 -> Letras Galegas 2024

Día do Libro 2024

O 23 de abril, conmemoramos o "Día Internacional do Libro", fomentando a lectura como xeito de coñecer outras culturas, poder viaxar no tempo, e, por suposto, enriquecer a nosa mente.

 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día do libro 2024

2 de abril: Día Mundial do Autismo

Como cada 2 de abril, conmemoramos con diversas actividades o DÍA MUNDIAL DO AUTISMO ,que este ano, presentamos baixo o lema "AUTISMO PRETO DE TI", axudando a visibilizar que as persoas con TEA están ao noso carón, máis preto do que pensamos.

Álbum: Curso 2023-2024 -> 2 de abril: Día mundial do Autismo

Día Internacional da Muller 2024

Conmemoramos con diferentes actividades o 8 de Marzo , "Día Internacional da Muller";  xornada recoñecida pola ONU para reivindicar a loita de todas as mulleres polo seu desenvolvemento íntegro e de igualdade en todos os ámbitos sociais.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día Internacional da muller 2024

Día de Rosalía de Castro 2024

Coincidindo coa data do seu nacemento, o 23 de febreiro, conmemoramos o día da escritora, poeta e referente da cultura galega: Rosalía de Castro.

Entre as diversas actividades realizadas, alumnado de 6º curso quixo por voz ao poema inicial da súa obra "Cantares Gallegos" titulado "Has de cantar".

 

 
 
 
 

Festival de Entroido 2024

Despois dunha semana seguindo os "mandatos do meco", xuntámonos todos/as para conmemorar e festexar o entroido no colexio do mellor xeito que se sabemos: cantando e bailando!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Entroido 2024

Entroido 2024

IMPORTANTE:

POR MOR DAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS ADVERSAS, SUSPÉNDESE O DESFILE DE ENTROIDO POLO APARCADOIRO, PROGRAMADO PARA O VENRES, DÍA 9.

 

Achégase a semana do ENTROIDO  e xa temos aquí a visita do Meco cos seus mandatos. Aí van as consignas!

 

E para rematar ...

Día da Paz 2024

Baixo o lema: "A VIOLENCIA SEMPRE É A PEOR XOGADA", conmemoramos o Día Internacional da Non Violencia e a Paz.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Día da Paz 2024
Distribuir contido


by Dr. Radut