Visita ao Castro de Viladonga
O alumnado de 3º curso de E.P, desprazouse ao Castro de Viladonga onde fixeron un percorrido pola historia do mundo castrexo e a arqueoloxía do lugar. Ademáis, realizaron un obradoiro de cerámica.
Despois de coñecer as técnicas e tipoloxías de traballar coa arxila, fixeron con barro "verdadeiras obras de arte", tomando como modelo, pezas atopadas no castro.