Distribución de espazos
O Colexio ten dúas entradas correspondentes á parte norte e á sur do edificio.
Na parte norte (á dereita mirado o edificio de fronte) atópanse os despachos de Dirección, Xefatura de Estudos e Secretaría/Administración; unha Sala de Profesorado, as aulas de 2ºB, 3ºA, 3ºB, 4ºA, 4ºB, 4ºC 5ºA, 5ºB, 6ºA, 6ºB, de Educación Primaria, os Departamentos de Orientación, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe, Inglés, aula de música, a biblioteca, o comedor e o local da ANPA.
Na parte sur sitúanse: outra sala de Profesorado, as aulas de Educación Infantil , as aulas de 1ºA, 1ºB, 2ºA, 2ºC e 3ºC de Educación Primaria, e sala de Titoría Infantil.