ENQUISA SOBRE A CONVIVENCIA ESCOLAR
Como continuidade á Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020, a Consellería de Educación ten en marcha a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que contempla o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos e a elaboración do posterior informe de diagnose.
Poden participar na enquisa para valorar a convivencia escolar os seguintes colectivos:
•Alumnado: todo o alumnado a partir de 5º de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria, ESO, FP Básica, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas de Persoas Adultas, Ensinanzas de Réxime Especial, etc).
•Profesorado: todo aquel que imparte docencia no centro educativo durante o curso académico completo.
•Persoal non docente: todo o persoal non docente do centro educativo.
•Familias: todas as familias responsables de alumnado con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, cubrindo un cuestionario por familia e centro educativo.
A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática por internet, de xeito automatizado e totalmente anónimo.
O Colexio fará chegar a todos e todas as persoas da comunidade educativa con dereito a participar na enquisa as claves de acceso á mesma e as orientacións para proceder.
A aplicación informática mencionada leva o nome de ConvivenciaXestion e pódese acceder a ela mediante o seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/
Dende alí poderase acceder ao cuestionario específico para cada colectivo (alumnado de primaria, profesorado, persoal non docente e familias), cubrilo e envialo.