Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

De acordo coa Orde do 28 de outubro de 2021, o centro educativo distribuirá máscaras para o alumnado de educación primaria que fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar, sen que para elo deba presentar ningún tipo de solicitude.

Ademais, o alumnado de educación primaria do centro que non teña recibido a axuda para material escolar tamén poderá solicitar a distribución de máscaras, sempre e cando cumpra algún dos seguintes criterios:

  • Pertencer a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Estar suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Ter unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

O prazo para a presentación de solicitudes vai do 15 ao 26 de novembro. As solicitudes deben presentarse na secretaría do centro ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Pódese consultar toda a información ou descargar os formularios de solicitude nos arquivos adxuntos.

AdxuntoTamaño
Formularios de solicitude.pdf136.44 KB
Instruccións Orde máscaras asinado.pdf282.6 KB


page | by Dr. Radut