O MAGOSTO
O día 8 de Novembro celebramos o magosto no noso centro,comimos bocadillos de chourizo e castañas asadas, pero como o tempo non nos acompañou, tivemos que pospoñer os xogos populares para o día 12 de novembro.
Os nenos e nenas pasárono moi ben xogando a diferentes xogos (a petanca, os bolos, carreira de sacos, a rá , os zancos, os aros, o paracaídas, carreira de relevos, etc...), todos eles adaptados as diferentes idades.
Se queres ver máis fotos preme neste enlace á galería de imaxes, onde se atopan todas as fotos.