Skip to Content

RESERVA DE PRAZA PARA O IES VALLE INCLÁN

 

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Álvarez Limeses que durante o curso 2022/2023 desexe cursar 1º da ESO no IES VALLE INCLÁN, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro  entregando a solicitude na secretaría do noso centro ou presentándoa na sede electrónica da Xunta.

 

 SOLICITUDE:

 

 

Tamén se pode facer a través da aplicación de admisión do alumnado:

 

 

 

 

 

POSTAIS DE NADAL 2021.

Desexámosvos unhas felices festas e bo Nadal.

Gañadoras do concurso de postais de nadal.

Estas son algunhas das postais que o alumnado elaborou para a celebración do nadal. 

AXUDAS PARA MÁSCARAS

 

 

AXUDAS PARA MERCAR MÁSCARAS

 

 Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E) (DOGA núm. 218, do 12.11.2021)

   

 

ALUMNADO DESTINATARIO

 

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

 

a) Non ten que presentar solicitude:

   O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

 

 b) Ten que presentar solicitude:

   O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

 

 • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

 • Alumnado matriculado en educación especial

 • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia

 • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

 

 

 SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

 

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial.

  

PRAZO: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.

 

SOLICITUDE: Pode descargala aquí.

 

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR. PARTE II

Aquí podedes consultar e descargar a documentación relativa á renovación parcial do Consello Escolar.

O censo de pais/nais está publicado no taboleiro da entrada principal do centro.

NOVAS SOBRE XOGADE. 9 DE NOVEMBRO

Ter en conta para o alumnado que participe no programa XOGADE o 9 de novembro:

  1. Comunicar a presenza de síntomas respiratoriios ou outros síntomas.
  2. Vir con roupa deportiva.
  3. Recoméndase traer deprtivos de recambio.
  4. Usar obligatoriamente a mascarilla.
  5. Os/as participantes deberán levar:
  • unha mascarilla de reposto
  • unha botella de auga
  • unha peza de froita

No documento adxunto están recollidos os circuitos que farán os nenos e nenas.

Distribuir contido


by Dr. Radut