Skip to Content

AXUDAS PARA MÁSCARAS

 

 

AXUDAS PARA MERCAR MÁSCARAS

 

 Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E) (DOGA núm. 218, do 12.11.2021)

   

 

ALUMNADO DESTINATARIO

 

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

 

a) Non ten que presentar solicitude:

   O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

 

 b) Ten que presentar solicitude:

   O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

 

 • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

 • Alumnado matriculado en educación especial

 • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia

 • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

 

 

 SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

 

Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial.

  

PRAZO: 10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 de novembro de 2021.

 

SOLICITUDE: Pode descargala aquí.

 



blog | by Dr. Radut