a. ANEXO I debidamente cuberto e asinado.
b. ANEXO II (Autorización dos membros da unidade familiar distintos do solicitante para a comprobación de datos).
c. Copia do Libro de Familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores ou carezan de DNI ou NIE), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1. desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.
d.Se fose o caso, certificado do Grao de Discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da unidade familiar, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
e. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
f.Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión.
|