Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

A TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR E CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Segundo a Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, (DOG Nº 180 10/09/2024) pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de Centros de ensino non universitario. Procederase no mes de novembro ( Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro).

Bases legais:

-      

Decreto 92/1988 do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do gobernó dos centros públicos de ensino non universitario (DOG, 29 / 04 / 88). Corrección de erros, DOG, 03/05, e 15 /06/88). Modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril (DOG do 17 de maio) e polo Decreto 324/1996).

-      

Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos insitutos de educación secundaria. (Derrogados os artigos 8 a 17, ambos os dous incluídos polo Deceto 29/2007, do 8 de marzo).

-      

Decreto 374/1996 do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria. (Derrogados os artigos 15 a 24, ambos os dous incluídos polo Decreto 29/2007, do 8 de marzo).

-      

Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias. (Derrogado o artigo 6 letras A), ata o i), ambas as dúas incluídas polo Decreto 29/2007, do 8 de marzo).

-      

Circular nº 1/98 e Circular nº 18/00.

-      

Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e INNOVACIÓN Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de de lección de membros dos consellos  de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Segundo o Artigo Segundo:

As elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar realizaranse entre os días 18 e 22 de novembro do 2024 ambos incluídos. A Xunta Electoral, a fin de que todos os sectores implicados podan participar, establecerase un calendario para as votacións.

A Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a redacción dada polo Decreto 324/1996, de 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico constituirase entre os días 11 e 14 de outubro.

 

 

 

O día 14 procederase ao sorteo público, ás 09:00 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes). A continuación enviarase a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes).

Segundo o referido artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo procederase á constitución dos membros da Xunta Electoral por sorteo público o vindeiro día 22 de outubro ás 09:30 horas na Secretaría do Centro.

Unha vez constituída a Xunta Electoral segundo o artigo 31 do Decreto 92/1998 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo, procederá a aprobar epublicar os Censos Electorais, concretará o calendario electoral, ordenará o proceso, admitirá e proclamará as candidaturas, promoverá a constitución das distintas mesas electorais, resolverá as reclamacións e proclamará aos candidatos.

O Consello Escolar do Centro é o órgano a través do cal participan na xestión do mesmo os distintos membros da comunidade escolar.

Animámolos a que presenten as súas candidaturas.

Participen na vida da Escola para desta maneira contribuír a un mellor funcionamento da mesma.

Pontevedra 11 de outubro de 2024

O Director

 

Juan Manuel Caride Domínguez

Recordatorio das BECAS NEAE

Estimadas familias, 

Queremos recordarvos, que o prazo para a presentación de solicitudes de becas NEAE é ata o día 13 de setembro ás 13:45 horas.

Colgamos toda a información na web do centro ao finalizar o 3º trimestre do curso pasado, pero queda por aquí o enlace á entrada.

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalvarezlimeses/node/1697

 

DESPEGA UN NOVO CURSO

Despega un novo curso, o 2024-25. Mañá, como sempre verémenos ás 9:00, o alumnado situarase nas filas que, como no curso anterior, estarán sinaladas co número correspondente. Pregamos ás familias que deixen libre o corredor sinalado cos conos para permitir o paso do alumnado. Do mesmo xeito á saída será ás 14:00. 

Ao longo destes días iredes recibindo as informacións relativas a autorizacións, reunións, etc.

BO CURSO

Distribuir contido


by Dr. Radut