Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Febreiro 21, 2022 »
LunMarMérXovVenSábDom
21
22
Start: 22/02/2022 09:57

Este ano queríamos facer un Entroido algo diferente... E a súa vez seguir aprendendo cousas do noso proxecto "Galicia Máxica".

E que será máis máxico que o noso  ENTROIDO GALEGO?!  

Podedes ver os diferentes obradoiros que fixemos todo o alumnado, dende 4º de infantil ata 6º de primaria, practicando, elaborando, traballando e sobre todo DESFRUTANDO das tradicións destas datas tan especias para a nosa comunidade.

Comezamos co FOLIÓN de Laza inaugurando a festa ao máis puro ritmo de percusión 

   

Seguimos co percorrido parando en... Xinzo de Limia interpretando o seu DOMINGO FARELEIRO 

  

Próxima parada en Verín co obradoiro de COMADRES E COMPADRES 

 

Non foron os únicos sitios que visitamos... Tamén investigamos e aprendimos un montón de cousas das Pitas de Eiroás, do Oso de Salcedo, dos Xenerais do Ulla, das Madamas e Galáns e dos Vergalleiros. Cantas cousas esconde a nosa Galicia Máxica... 

 

O Entroido no cole só acaba de empezar!!!

 

 

23
24
25
Start: 25/02/2022 09:11

Como é tradición, esta semana tivemos as ordes do Meco e nesta ocasión mandounos diferentes ordes relacionadas co noso proxecto de "Galicia Máxica"

LUNS: Un OBXECTO MÁXICO traerás para o Meco enfeitizar

 

 

 

MARTES: Se ao mal de ollo queres espantar,con CAPA ao cole viás

  

 

 

MÉRCORES: Mouchos, curuxas, sapos e bruxas...un SÍMBOLO CELTA pintarás, e a túa cara adornarás

  

 

 

XOVES: Facemos unha trasnada...e vimos en BATA, CAMISÓN ou PIXAMA

  

 

26
27
Distribuir contido


by Dr. Radut