Eventos
Mar | ||
---|---|---|
Start: 22/02/2022 09:57
Este ano queríamos facer un Entroido algo diferente... E a súa vez seguir aprendendo cousas do noso proxecto "Galicia Máxica". E que será máis máxico que o noso ENTROIDO GALEGO?! Podedes ver os diferentes obradoiros que fixemos todo o alumnado, dende 4º de infantil ata 6º de primaria, practicando, elaborando, traballando e sobre todo DESFRUTANDO das tradicións destas datas tan especias para a nosa comunidade. Comezamos co FOLIÓN de Laza inaugurando a festa ao máis puro ritmo de percusión
Seguimos co percorrido parando en... Xinzo de Limia interpretando o seu DOMINGO FARELEIRO
Próxima parada en Verín co obradoiro de COMADRES E COMPADRES
Non foron os únicos sitios que visitamos... Tamén investigamos e aprendimos un montón de cousas das Pitas de Eiroás, do Oso de Salcedo, dos Xenerais do Ulla, das Madamas e Galáns e dos Vergalleiros. Cantas cousas esconde a nosa Galicia Máxica... O Entroido no cole só acaba de empezar!!!
|
![Events at <em>CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda </em> Distribuir contido](/centros/ceipalexandreboveda/misc/feed.png)