Skip to Content

ENTROIDO 2022 (PARTE I)

22/02/2022 09:57
Europe/Madrid

Este ano queríamos facer un Entroido algo diferente... E a súa vez seguir aprendendo cousas do noso proxecto "Galicia Máxica".

E que será máis máxico que o noso  ENTROIDO GALEGO?!  

Podedes ver os diferentes obradoiros que fixemos todo o alumnado, dende 4º de infantil ata 6º de primaria, practicando, elaborando, traballando e sobre todo DESFRUTANDO das tradicións destas datas tan especias para a nosa comunidade.

Comezamos co FOLIÓN de Laza inaugurando a festa ao máis puro ritmo de percusión 

   

Seguimos co percorrido parando en... Xinzo de Limia interpretando o seu DOMINGO FARELEIRO 

  

Próxima parada en Verín co obradoiro de COMADRES E COMPADRES 

 

Non foron os únicos sitios que visitamos... Tamén investigamos e aprendimos un montón de cousas das Pitas de Eiroás, do Oso de Salcedo, dos Xenerais do Ulla, das Madamas e Galáns e dos Vergalleiros. Cantas cousas esconde a nosa Galicia Máxica... 

 

O Entroido no cole só acaba de empezar!!!

 

 

AdxuntoTamaño
FARELEIROS.mp419.53 MB
COMPADRES-COMADRES.mp412.97 MB
FOLION COMPLETO (video-converter.com).mp484.2 MB


blog | by Dr. Radut