Eventos - Filtro:
Mar | ||
---|---|---|
Start: 16/11/2021 11:01
Deixámosvos adxunto a listaxe de alumnado que recibirán máscaras por parte do centro por ser beneficiario da axuda de material escolar. Unha vez dispoñibles manderémolas a través do alumnado xunto cun recibí que debe volver ao día seguinte firmado.
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material poderá solicitalas cubrindo o ANEXO I e II (adxunto nesta publicación) entregándoa do 15 ao 26 de novembro de forma presencial no centro pedindo cita previa a través do teléfono: 886120405.
Este alumnado deberá cumprir algunhas das seguintes condicións: - Que pertenza a unha familia cunha renta per cápita igual ou inferior a 6000€. - Alumnado matriculado en educación especial. - Alumnado suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia. - Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Podedes consultar a información no seguinte enlace: Orde DOG Venres, 12 de novembro de 2021 (xunta.gal) |