Eventos
Mar | ||
---|---|---|
Start: 09/11/2021 15:55
“Queimada de protección contra o mal de lingua” Nalgúns lugares de Galicia, os/as pequenos/as saen cada ano, no día de Defuntos a pedir unha esmola polos que xa non están. O pasado 29 de outubro, para festexar o Samaín, levamos esta fermosa tradición á nosa escola. Todo o alumnado e os/as mestres/as pasamos por todas as aulas pedindo dita esmola. “Unha limosniña polos defuntiños que van alá” Cada aula agasallou a cada grupo cun dos elementos necesarios para elaborar a nosa especial “Queimada de protección contra o mal de lingua”: zume de arándanos e froitos vermellos, lambetadas, chocolates,… e unha especial insignia. Con todos estes elementos, cada grupo elaborou unha deliciosa queimada, ritual durante o cal recitaron os magníficos conxuros que prepararan nas aulas. Que mellor fin de festa de Samaín que un desfile de terroríficos disfraces e baile ao son de escalofriantes melodías.
Pasámolo de medo! No noso Twitter podedes acceder a todas as fotos e videos: https://twitter.com/AngorenCole
|