Skip to Content

COMO VAI FUNCIONAR O COLE ESTE ANO?

COMO SE VAN ORGANIZAR AS ENTRADAS?

COMO SE VAN ORGANIZAR AS SAÍDAS?

COMO SE VAN ORGANIZAR OS RECREOS?

PORQUÉ SE PIDEN ZAPATILLAS PARA OS PEQUENOS/AS DE INFANTIL?

Este ano precisamos as zapatillas porque en infantil traballamos e xogamos moito no chan e polo tanto ten que estar moi limpo e non compre pisalo cos zapatos que estiveron pola rúa.

Por ese motivo imos empregar zapatillas que só estarán no aula ou na biblioteca.

CANDO SE PECHARÍA UNHA CLASE?

Se aparecese un caso confirmado de COVID na clase, os nenos e nenas da mesma, os seus profes e aqueles pequenos/as cos que teña maior relación, (como por exemplo os que senten na súa mesa de comedor), terán que pasar unha corentena na casiña.

QUE PASA SE UNHA CLASE TEN QUE PECHAR OU SE UN NENO/A ESTÁ NA CASA CON COVID?

Se un neno/a ou unha clase enteira ten que ficar na casa en corentena os seus profes prepararán para eles traballo a través da plataforma virtual coa que traballen (aula virtual, edixgal, snapet...)

QUE PASA COS CONTIDOS QUE NON SE DERON O ANO PASADO?

Non vos preocupedes polos contidos que non se traballaron en clase o ano pasado pois os mestres e mestras levamos todo o verán preparando as nosas programación de tal xeito que, ademáis das cousas que debemos aprender este ano, podamos mirar todos os puntos importantes que quedaron pendentes do ano pasado.

Simplemente imos incorporalos aos contidos que se traballarán este ano actual.

 



blog | by Dr. Radut