Skip to Content

Novas

REUNIÓNS PRINCIPIO DE CURSO 23/24

Periódico 22.23

Publicadas as listas de admitidos para o noso cole

 

Tódolos nenos/as que solicitaron plaza no noso colexio téñena concedida.

Cómpre non obstante que verifiquedes que efectivamente figurades nas listas

Debido á lei de protección de datos non podemos publicalas na web. Debedes consultala na cristaleira do centro (No acceso principal do edificio)

 

Dispoñedes de 5 días hábiles para calquer reclamación que sexa preciso facer. 

 

QUE DEBO FACER SE O MEU FILLO/A NON PODE ACUDIR AO COLE PORQUE PADECE UNHA ENFERMIDADE QUE LLO IMPIDE?

Nestes días moitas familias veñen de preguntar que poden facer se os seus fillos/as padecen algunha enfermidade que, pola súa gravidade, non permita escolarizalos nas actuales circunstancias.

A única solución que a administración ofrece nestes casos é a posibilidade de solicitar a escolarización domiciliaria.

Nesta ligazón tedes o acceso ao protocolo completo no que se indica os pasos que debedes seguir.

Nas páxinas 11 e 12 do mesmo tedes os documentos que, xunto cos expedidos polo médico, deberiades presentar no centro se esas foran as vosas circunstancias.

Mañá colgareivos ditos documentos en pdf para que podades cubrilos e presentalos con máis comodidade.

 

 

 

COMO VAI FUNCIONAR O COLE ESTE ANO?

COMO SE VAN ORGANIZAR AS ENTRADAS?

COMO SE VAN ORGANIZAR AS SAÍDAS?

COMO SE VAN ORGANIZAR OS RECREOS?

PORQUÉ SE PIDEN ZAPATILLAS PARA OS PEQUENOS/AS DE INFANTIL?

Este ano precisamos as zapatillas porque en infantil traballamos e xogamos moito no chan e polo tanto ten que estar moi limpo e non compre pisalo cos zapatos que estiveron pola rúa.

Por ese motivo imos empregar zapatillas que só estarán no aula ou na biblioteca.

CANDO SE PECHARÍA UNHA CLASE?

Se aparecese un caso confirmado de COVID na clase, os nenos e nenas da mesma, os seus profes e aqueles pequenos/as cos que teña maior relación, (como por exemplo os que senten na súa mesa de comedor), terán que pasar unha corentena na casiña.

QUE PASA SE UNHA CLASE TEN QUE PECHAR OU SE UN NENO/A ESTÁ NA CASA CON COVID?

Se un neno/a ou unha clase enteira ten que ficar na casa en corentena os seus profes prepararán para eles traballo a través da plataforma virtual coa que traballen (aula virtual, edixgal, snapet...)

QUE PASA COS CONTIDOS QUE NON SE DERON O ANO PASADO?

REUNIÓNS DE PAIS, NAIS OU TITORES/AS

Queridas familias:

Onte vimos de recibir novas instruccións da consellería que prohiben a realización de reunións previstas. Así pois estas deberán quedar en suspensión ata que a asituación o permita.

Coma sempre colgaremos aquí na web toda a información.

 

 

 

 

Grazas pola vosa visita!!!

O día 4 vimos de recibir a visita de novas familias que están pensando en formar parte do noso cole e queremos agradecerlles a todas o seu interese.

Tal como vos comentamos, velaquí tedes a presentación que empregamos como guión da nosa intervención.

Velaquí tedes a nosa proposta provisional para o tempo da adaptación que comezará en canto iniciemos as clases.

Lembrade que pode sufrir algunha modificación pois o seu obxectivo é precisamente dar a mellor das respostas ás características dos vosos pequenos e pequenas.

  • Os 4 primeiros días os grupos dividiranse en 2 para poder coñecernos con calma. (En principio valoramos o seguinte horario: 1º grupo de 10:15 a 11:45 e 2º grupo de 12:15 a 13:45)
  • Os 3 días seguintes vimos xa todos/as xuntos/as. (Probablemente de 11:00 a 13:45)
  • Os outros 3 días restantes seguimos todos/as xuntos/as. (Comezariamos ás 10:00 e acabariamos ás 13:45)

Cando teñamos as listas de admitidos poremos un aviso nesta páxina web para que podades consultalas.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Un ano máis o noso cole celebra o seu día de portas abertas para que todas as familias que estades pensando en traer aos vosos pequenos/as ao Alborada podades vir a coñecernos e facer cantas preguntas teñades en mente.

O día 4 de marzo ás 16:00 estaremos agardando para recibirvos.

Calquer información ou modificación que sexa preciso facer, colgaremola aquí na web.

 

Agardamos a vosa visita !!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro luns 25 de febreiro ás 16:00 terá lugar a xornada de portas abertas para aquelas familias que estén pensando en traer aos seus pequenos e pequenas ao noso cole e desexen visitar o centro. 

A visita comezará coa acollida ás familias para unha pequena reunión colectiva que terá lugar no salón de usos múltiples  e posteriormente visitaranse as instalacións do centro.

 

Estaremos encantados de recibirvos, agardamos a vosa visita! 

O alumnado de Relixión Católica e Evanxélica deséxanvos bo Nadal

Velaquí tedes o traballiño que fixeron coas súas profes. Esperamos que vos guste moito.

 

 

Distribuir contido



by Dr. Radut