Skip to Content

Blogues

Periodo de adaptación 2023-2024

Ao obxecto de que podades organizarvos de cara ao periodo de adaptación dos pequenos e pequenas, sempre procuramos darvos as datas e tempos con certa antelación.

Premede no enlace para acceder ao documento no que figuran as quendas e días.

Por outra banda o día 4 de setembro teremos unha reunión ás 16:00 con todos e todas vós para aclarar dúbidas, especificar a quenda que vos corresponde, etc.

Permanecede atentos á web pois calquer cambio ou imprevisto notificarase a través da mesma.

Sede todos e todas benvidos!!

PROXECTO ETWINNING

 

 

Proxecto Green IES7


Durante o curso 22-23 unímonos ao proxecto “Green IES7”, diseñado pola  mestra Iasmina Lavinia Zagrai da Scoala Gimnaziala Nr. 7 Sfanta Maria de Timisoara, Rumanía. Puxémonos en contacto a través da plataforma Etwinning e realizamos o proxecto paralelamente na nosa escola.O obxectivo principal do proxecto é concienciar no noso alumnado sobre a protección do medio ambiente e a nosa saúde, dun xeito cooperativo e divertido a través do xogo. OA primeira parte do proxecto consistiu nunha limpeza de lixo por equipas na praia de Santa Cristina. Desta maneira os mozos e mozas teñen a oportunidade de contribuír e mellorar, tanto o seu estado de saúde como o medio ambiente; ademais de fomentar o traballo en equipo.Co material recollido realizáronse unhas cianotipias, polo que o elemento artístico está moi presente, utilizando material de refugallo para un proceso fotográfico.

 

 

 

RADIO SITO EN ANTENA!

 

RESUMO SEMANAL

Bos días Familias!

 

Recordámosvos que podedes visitar o noso Instagram para ver as actividades máis interesantes realizadas esta semana.

Deixámos por aquí algunha delas. 

Boa Finde!

 

Tendo en conta que a nosa PDI é o Corazón. Este venres estreamos novo mural cos nenos e profes do centro.

 

 

 

A nosa mestra de música, Malena, tivo unha moi interesante reunión coa banda municipal de Música da Coruña.

 

1º DÍA PRIMEIRO DE PRIMARIA

Distribuir contido



by Dr. Radut