Skip to Content

PROXECTO ETWINNING

 

 

Proxecto Green IES7


Durante o curso 22-23 unímonos ao proxecto “Green IES7”, diseñado pola  mestra Iasmina Lavinia Zagrai da Scoala Gimnaziala Nr. 7 Sfanta Maria de Timisoara, Rumanía. Puxémonos en contacto a través da plataforma Etwinning e realizamos o proxecto paralelamente na nosa escola.O obxectivo principal do proxecto é concienciar no noso alumnado sobre a protección do medio ambiente e a nosa saúde, dun xeito cooperativo e divertido a través do xogo. OA primeira parte do proxecto consistiu nunha limpeza de lixo por equipas na praia de Santa Cristina. Desta maneira os mozos e mozas teñen a oportunidade de contribuír e mellorar, tanto o seu estado de saúde como o medio ambiente; ademais de fomentar o traballo en equipo.Co material recollido realizáronse unhas cianotipias, polo que o elemento artístico está moi presente, utilizando material de refugallo para un proceso fotográfico.

 

 

 



blog | by Dr. Radut