Skip to Content

Libros solidarios.

Queridas familias,

durante o mes de xuño levarase a cabo a actividade "Libros Solidarios", pola que os nenos e nenas do colexio poderán traer comida non perecedeira (arroz, pasta, latas de comida, galletas, leite....), e a cambio, poderán acudir á sala do expurgo da biblioteca e escoller algúns dos libros que alí se atopan. Ao final do mes a comida recollida será doada ao Banco de Alimentos Rías Altas.

O Equipo de Biblioteca.



blog | by Dr. Radut