Skip to Content

Animación á lectura

Libros solidarios

Estimadas familias,

a partir do próximo luns 18 de xuño rematará a actividade "libros solidarios", é dicir, xa non se recollerá máis comida.

Dende a Biblioteca do CEIP Alborada eo o banco de alimentos Rías Altas, queremos agradecervos a vosa colaboración nesta actividade solidaria ,pois foi todo un éxito.

Libros solidarios.

Queridas familias,

durante o mes de xuño levarase a cabo a actividade "Libros Solidarios", pola que os nenos e nenas do colexio poderán traer comida non perecedeira (arroz, pasta, latas de comida, galletas, leite....), e a cambio, poderán acudir á sala do expurgo da biblioteca e escoller algúns dos libros que alí se atopan. Ao final do mes a comida recollida será doada ao Banco de Alimentos Rías Altas.

O Equipo de Biblioteca.

Distribuir contido



by Dr. Radut