Ante a proximidade do fin de curso 2017-2018, infórmase aos pais e nais do alumnado deste Centro das seguintes cuestións:
1. Asistencia do alumnado e entrega de cualificacións.
O alumnado asistirá ao Colexio ata o próximo día 21, inclusive, en horario habitual de 09'00 a 14'00 horas. Os informes ás familias coas cualificacións finais entregaranse o día 21 de Xuño, ao final da sesión lectiva.
2. Entrevistas de pais/nais co profesorado.
As pais/nais que desexen ter unha entrevista de final de curso co profesorado do Centro, poderán facelo o día 22 de Xuño de 10'00 a 12'00 horas. Despois de dito día, só se recibirán visitas que estean plenamente xustificadas e con previa petición de hora.
De acordo coa Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, as nais e pais do alumnado de 6º curso deberán acudir ao Centro, o día 29 de 10:30 a 13 horas, para retirar o Historial Académico dos seus fillos/as, asinando o recibín correspondente. Caso de non poder asistir nese día, poderán retirar ditos documentos ata o día 3 de xullo na Conserxería do Centro.
3.Libros de texto
O listado de libros de texto para o curso escolar 2018-2019 está exposto no taboleiro de anuncios do Colexio desde o 15 de xuño. Respecto ao programa de Axudas de libros e material e Fondo solidario, recordar que debemos estar ao disposto na Orde do 9 de maio (DOG 21/05/2018).
Porán retirar os vales de Axuda de libros e os de material os días 29 de xuño e 4 de xullo, en horario de 10 a 13 horas.