Fondo solidario de libros e axuda para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2022-2023
Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022- 2023 ao abeiro da ORDE do 29 de abril de 2022.
Fondo solidario de libros de texto:
- Destinatarios: alumnado de 3º e 4º de primaria (excluído alumnado de 5º e 6º por pertencer a E-DIXGAL).
Axuda para adquirir libros de texto:
- Destinatarios: alumnado de 1º e 2º de primaria.
Axudas para adquirir material escolar:
- Todo o alumnado de Educación Primaria (tamén os de 5º e 6º).
Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2020, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e no caso de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.
Formas de presentación:
- Telemática: accedendo á aplicación de FondoLibros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ e cumplimentando a solicitude de xeito telemático. Unha vez cumplimentada debe presentarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencial no centro: a familia imprimirá o anexo I (ver documento adxunto) e presentará dito documento no centro debidamente cuberto e asinado. Se algunha persoa precisa que se lle imprima o anexo pode solicitalo a través das titorías.
Prazos de interese:
- Presentación de solicitudes no centro escolar ou mediante sede electrónica: dende o 19 de maio ata o 22.06.2022
- Uso dos vales nas librarías e demais establecementos: ata o 9.04.2023
Acceso a toda a información sobre este procedemento: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220518/AnuncioG0598-020522-0001_gl.html
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXO I.pdf | 1.61 MB |