Skip to Content

blogue deraquel

Becas para o alumnado NEAE curso 2022-2023

A convocatoria para a xestión das becas para o alumnado NEAE saíu publicada o mércores 18 de maio e o procedemento para solicitala está aberto dende hoxe, 19 de maio, ata o 30 de setembro. É importante ter en conta que aínda que o prazo remata o 30 de setembro hai que entregar no centro, antes desta data, o PDF impreso.

 

Poderán solicitar ditas axudas as familias con alumnado NEAE escolarizadas tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria.

 

A continuación achéganse as dúas páxinas nas que se explica o procedemento para solicitalas:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Fondo solidario de libros e axuda para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2022-2023

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso  2022- 2023 ao abeiro da ORDE do 29 de abril de 2022.

 

Fondo solidario de libros de texto:

-    Destinatarios: alumnado de 3º e 4º de primaria (excluído alumnado de 5º e 6º por pertencer a E-DIXGAL). 

 

Axuda para adquirir libros de texto:

-    Destinatarios: alumnado de 1º e 2º de primaria.

 

Axudas para adquirir material escolar:

-    Todo o alumnado de Educación Primaria (tamén os de 5º e 6º).

 

Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2020, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e no caso de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.

 

Formas de presentación:

 

-    Telemática: accedendo á aplicación de FondoLibros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ e cumplimentando a solicitude de xeito telemático. Unha vez cumplimentada debe presentarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

-    Presencial no centro: a familia imprimirá o anexo I (ver documento adxunto) e presentará dito documento no centro debidamente cuberto e asinado. Se algunha persoa precisa que se lle imprima o anexo pode solicitalo a través das titorías.

 

Prazos de interese:

-    Presentación de solicitudes no centro escolar ou mediante sede electrónica: dende o 19 de maio ata o 22.06.2022

-     Uso dos vales nas librarías e demais establecementos: ata o 9.04.2023

 

Acceso a toda a información sobre este procedemento: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220518/AnuncioG0598-020522-0001_gl.html

ADAPTACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR CURSO 2021-2022

Seguindo a nova lexislación educativa en materia de avaliación e promoción, dende o centro elaborouse unha adaptación da concreción curricular que entra en vigor xa neste curso 2021-2022. 

A continuación adxúntase o documento elaborado e aprobado polo claustro, documento que se explicará na reunión de familias do terceiro trimestre.

Ábrese o prazo de inscrición nos campamentos urbanos de conciliación familiar de Semana Santa

Mañá ábrese o prazo de inscrición nos campamentos urbanos de conciliación familiar de Semana Santa!

 

Dirixidos a nen@s nados entre 2010 e 2019, desenvolveranse os días 11, 12, 13 e 18 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e inclúen diferentes propostas de actividades lúdico-educativas.

https://vive.aspontes.org/as-pontes-abre-o-prazo-de-inscricion-nos-campa...

Rugby e teatro con Abrente

A Coordinadora de Anpas Abrente, como novidade e en colaboración con dúas entidades da nosa vila (Fendetestas e O Catre Teatro), oferta este ano a actividade de rugby e a de teatro. No documento adxunto poderedes atopar toda a información relaiconada coas actividades así como a solicitude de inscrición. 

Distribuir contido


by Dr. Radut