Eventos
Luns Febreiro 18, 2013
Start: 18/02/2013 15:52
O noso centro contará durante esta semana, cunha exposición itinerante sobre a" Educación, Deporte e Valores". Consta de dezasete paneis despregables e estará aberta no corredor principal do centro, a todo o colectivo escolar.
Esta exposición é unha invitación a reflexionar sobre a importancia de determinados valores do deporte como : NOBREZA, TOLERANCIA, INTEGRACIÓN, XOGO LIMPO, SAÚDE, DIVERSIÓN...
Martes Febreiro 26, 2013
Start: 26/02/2013 11:00
Valeria Gómez finalizou na vixésima posición ( novena na clasificación individual) na Fase Final do Campionato Galego escolar de campo a través.
Hai que destacar que neste Campionato, estaban presentes as sesenta mellores atletas de categoría alevín de todo Galicia, polo que o posto acadado pola atleta do noso colexio, é moi meritorio.
Con este Campionato remata a tempada de campo a través escolar, onde o noso centro, estivo presente por segunda tempada consecutiva nas catro Fases do Campionato.
Poden consultar toda a información sobre o Campionato no blog de educación física do centro: