Eventos
Xoves Xaneiro 17, 2013
Start: 17/01/2013 16:48
Debido ás previsións de alerta laranxa , suspéndese a Fase Local de campo a través que estaba previsto que se celebrara mañá , e decidiuse trasladala para o MÉRCORES DÍA 23 DE XANEIRO, mantendo os mesmos horarios e circuíto.
Martes Xaneiro 22, 2013
Start: 22/01/2013 14:34
Seguindo as indicacións da Xunta de Galicia e do Patronato Deportivo Municipal de Carballo, debido ás previsións de alertas polas inclemencias do tempo previsto para mañá, suspéndese a Fase Local de campo a través de Carballo, prevista para o mércores día 23 de xaneiro, e decidiuse trasladala para o vindeiro MARTES DÍA 29 DE XANEIRO, mantendo os mesmos horarios e circuíto.
Tamén se apraza a FASE INTERCOMARCAL programada para o sábado 26/01/2013, e desenvolverase o vindeiro SÁBADO DÍA 2 DE FEBREIRO.
Martes Xaneiro 29, 2013
Start: 29/01/2013 16:32
Unha tempada máis, e xa van tres consecutivas, os nos@s atletas tiveron unha destacada participación na Fase Local de campo a través celebrada hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".
Para a Fase Intercomarcal que se celebrará o vindeiro sábado 2 de Febreiro no Parque deportivo de Acea de Ama ( Culleredo), clasificáronse 29 atletas do noso centro( 4 equipos e 10 atletas individualmente).
Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar a medalla de ouro e prata de Lucía Carro e Marta Padín na categoría benxamín femenino; e as medallas de bronce de David Pandelo, Andrés Lage e Yonatan Lema nas categorías benxamín,alevín e infantil masculino. No apartado de equipos, obtivemos o primeiro posto na categoría benxamín feminina, e o segundo posto nas categorías benxamín e alevín masculino, e alevín feminino.
Máis información no blog de eduacción física do centro:
Sábado Febreiro 02, 2013
Start: 02/02/2013 19:37
O equipo alevín feminino de campo a través formado por: Valeria Gómez, Sarai Lema, Paula Lorenzo, María Serra, Natalia Riveiro, Cecilia Collazo e Graciela Amarelle, proclamouse por primeira vez na historia do noso centro, campión Intercomarcal de campo a través da zona da Coruña.
A este campionato hai que unir as medallas de prata e bronce de Valeria Gómez e Lucía Carro nas categorías alevín e benxamín feminina, e a medalla de bronce do equipo benxamín feminino.
Tamén hai destacar a clasificación de David Pandelo para o campionato provincial ao finalizar oitavo ,e o 4º posto do equipo benxamín masculino.
Poden consultar os resultados, clasificacións e ver as fotografías da proba no blog de educación física do centro: