Eventos
Entre os obxectivos do Plan están:
- Incrementar a participación nas diferentes modalidades deportivas.
- Beneficiarse do gran potencial educativo e formativo que aporta a práctica deportiva.
- Impulsar a función integradora e de cohesión social do deporte.
- Manter e mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos.
- Permitir a aprendizaxe dos conceptos técnicos e tácticos das diferentes modalidades deportivas.
- Transmitir hábitos, actitudes e valores como a tolerancia, o respecto, o esforzo, ou a cooperación.
- Potenciar o Xogo Limpo e a deportividade.
- Fomentar as relacións entre as diferentes pezas do engrenaxe deportivo como os clubs, agrupacións deportivas escolares e federacións cos centros escolares.
Baseado nunha composición musical e coreográfica orixinal, Móvete é o novo himno do Plan Galicia Saudable (http://galiciasaudable.xunta.es) que ten como obxectivo difundir entre a comunidade educativa e, por extensión, á sociedade galega, os principais valores do Plan Galicia Saudable. A acción desenvolverase nos tempos de lecer dos escolares, como recreos ou outros coma o as clases de educación física.
A actividade contempla unha serie de dinámicas propias na procura dunha maior adherencia das nenas e nenos tales como: concursos de producción musical e composición coreográfica, participación nunca rodaxe dun videoclip, eventos populares, e outros.
Máis información no blog de educación física do centro:
Varios nen@s do noso centro participarán nesta carreira que serve como punto de partida da tempada de atletismo.
Podes consultar toda a información sobre a proba no blog de educación física do centro.