Eventos
Venres Febreiro 26, 2010
Start: 26/02/2010 10:35
Na votación celebrada no día de onte, os pais/nais e titores do Ceip. A Cristina inclinaronse polo sí á Xornada única en sesión de maña, xa que, máis do 80% dos votos foron favorables.
Entre os datos máis destacados da xornada de onte, sinalar a altísima participación, que se pode considerar de histórica, xa que, exerceron o dereito ao voto o 90% das familias que conforman o censo electoral.
O resultado da votación foi o seguinte:
- Votos emitidos: 173 ( 90%)
- Votos a favor: 139 ( 80%)
- Votos en contra: 34 ( 20%)
- Votos nulos: 0
- Votos en branco: 0
Desde o Equipo Directivo do centro queremos agradecer a toda a Comunidade Educativa do colexio, a súa participación e colaboración en todo o proceso.
MOITAS GRAZAS!!!!!!!