Actividades para o martes 31 de marzo de 2020

Estimadas familias as actividades para o día de hoxe son as seguintes:

Rutinas: igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Podemos convertir tamén nunha rutina o de debuxar o virus na man, para que laven a miúdo as manciñas e desparezca dunha vez por todas este virus que nos está a visitar. Podedes facer un rexistro de cada día para ver se conseguiron ou non eliminar o virus da man.

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica, documento que deixamos colgado xa en días anteriores.

Seguimos sendo super heroes: como bos super heroes que somo imos vencendo ao COVID-19 pouco a pouco. Hoje propoñemos o xogo dos bolos para que sigamos coa nosa misión. A actividade consiste en fabricar bolos, ben sexa con botella ou tubos de cartón. Necesitamos dez tubos de cartón ou de botellas. Logo pola parte de diante debuxaremos un virus, como a nós máis nos guste, sede creativos, e pola parte de atrás debuxaremos en catro botellas ou tubos o número un, en tres botellas ou tubos o número dous e en tres botellas ou tubos o número tres.

Unha vez que os temas listos, coloca os bolos no chan, co virus mirando cara a ti e lanza unha pelota pequena. Anota cantos bolos tiraches e tamén anotamos os números dos bolos que tiramos. Podes facer varias partidas e comparar cantos tiraches en cada unha delas. Tamén podes xogar con algún familiar e contar cantos tira cada un de vós.

Deixamos un modelo de tabla que podedes facer para levar a cabo a actividade.

Deixámosvos unhas imaxes de exemplos de como podedes decorar os bolos.

Hoxe toca traballar un pouquiño de lectoescritura: Eliximos o nome dun familiar que nos queiramos, e logo temos que buscar pola casa obxectos que comecen polo inicial do nome que cada un de nós lixa. Podedes sacar unha fotografía e mandárnola. Pedimos que por favor poñades o nome da persoa que cada neno elixíu.

Por exemplo: Paula: pelota, porta e plancha.

Facede tamén unha actividade impresa das que deixamos no documento adxunto.

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor maneira de aprender é xogando.

Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com

 

Un saúdo e un abrazo da profe.

AdxuntoTamaño
Actividades lectoescritura.pdf998.17 KB
FICHA BOLOS.pdf97.77 KB