Todos os días as mestras nos propoñen facer un reto de super heroes: comezamos lavando as mans, debuxando o virus nunha das nosas manciñas para ver se ao longo do día éramos capaces de borralo, tamén lemos algún conto, creamos o noso propio virus, etc., e como bos super heroes tamén tivemos que facer un zume de laranxa e..., tomalo!! Pois como ben sabemos a vitamina C vainos moi ben para fortalecer as nosas defensas. Aquí vos deixamos algunhas das fotografías que nos foron chegando. Esperamos que vos gusten. Pablo, da clase de cinco anos, facendo o zume e, por suposto, tomándoo. Andrés, da clase de tres anos, tamén fixo o zume e, ao igual que o seu irmán Pablo, tamén o tomou todiño. Mateo, tamén da clase de tres anos, ao igual que os seus compañeiros, fixo o zume e logo bebeuno todo. Noraboa aos nosos Super Heroes. |
|||