Good morning! How was your weekend? Hoxe propóñovos unha actividade que consiste en ver un video e ir respondendo ás preguntas que vos preparei, deste xeito traballamos o listening ou a comprensión oral. Estade moi atentos, eu verei a voso traballo na aplicación. Ao final non tiven que empregar os correos dos vosos pais, descubrín outra forma de darvos de alta. Os pasos a seguir son: 1º Tedes que entrar en EdPuzzle: edpuzzle.com 2º Na marxe superior dereita clicades en LOG IN 3º Logo teredes que dicir que sodes estudiantes: I’M A STUDENT 4º Agora vos pide o voso username (usuario) e o password (contrasinal) e serían da seguinte maneira, username: BRAIS1 NEREA4 MANUEL2 ANDRES5 (sen tilde) ISMAEL3 PAULA11 Os números non significan nada, so tiven que poñelos porque xa estaban collidos os vosos nomes por outros usuarios e con Paula tiven que chegar ata o 11. Contrasinal: 123456 para todos, se algún quere cambiala pode facelo unha vez estea dentro en settings, pero entón anotádea ben, aínda que eu podo recuperala se a esquecedes. Unha vez dentro veredes que estades dentro da clase de 5º de primaria e que na pestana IN PROGRESS tedes asignado unha tarefa. Clicades na imaxe e abrirase a reproducción dun video. Aquí empeza a vosa actividade de hoxe. Como esta unidade foi sobre animais, escollín un video relacionado con esta temática do canal de National Geographic para nenos. Se vos salta a pregunta e queredes asegurar a resposta, podedes premer en REWATCH e repetirase unha parte do video onde volveredes a escoitar a solución. Se sabedes a resposta marcádea e clicade en SUBMIT. Unha vez respostado tedes que premer en CONTINUE. No momento xa vos indica se a resposta foi correcta (en verde) ou incorrecta (en vermello). Se queredes podedes ver o video en pantalla completa premendo no cuadradiño que aparece debaixo da imaxe. So vos anticipo que Zoltan Takacs, que é o médico biólogo que fai a reportaxe, emprega o veneno de distintos animais para analizalo e convertelo en mediciña. Non vos digo máis, espero que vos guste esta actividade e vémonos mañán de novo. Podédesme dicir que vos pareceu a actividade escribíndome na dirección de correo ceipabanqueiro@gmail.com See you tomorrow! |
|||