ACTIVIDADES PARA O LUNS 30 DE MARZO

Comezaremos como tódolos días no cole coas Rutinas. Primeiro rodeamos no calendario o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes recordar en que mes, estación( que fai uns días que comezou) e o ano no que nos atopamos. Estes días tamén podemos converter nunha rutina o de debuxar na manciña un virus( con rotulador),como xa vos dixen anteriormente , para que laven moi a miúdo as mans e ese "maldito" virus desapareza canto antes. Podedes facer un rexistro, é dicir, apuntar a diario se o conseguimos ou non, borrar o debuxo. 

O reto que vos propoñemos para o día de hoxe é o seguinte, e como non, está relacionado coa importancia de lavar moi ben as mans. Para iso precisamos uns guantes e pintura lavable, veredes que non pode quedar un recunchiño das mans sen lavar ...Queda moi ben explicado no enlace que vos deixamos a continuación.

 https://www.youtube.com/watch?v=y0a3FYZFwvE

Para seguir pasándoo ben imos a entrar no castelo de " Fantasmín" e a vivir con el historias marabillosas. Para elo deixámosvos o seguinte enlace: http:/www.educa.jccm.es/recursos/es/contenidos-educativos/mundo-fantasmin

Unha vez que entras na páxina na parte de abaixo debedes pinchar en" Visita el mundo de Fantasmin", unha vez aí pinchades en alumnado, petades á porta e aparece unha fonte, para que será???Pois para que os nenos aprendan a través do xogo, dun xeito divertido e que sempre os motiva un montón a lavarse ben as mans. Hai que facerlle caso a Fantasmín, eh? Logo podedes seguir disfrutando das outras actividades que se vos ofrece. 

Queredes pasar un día divertido na casa. Que vos parece se xogamos a ser exploradores de animais?Esta é unha sorpresa para os nenos/as, para facelo tan só necesitamos un teléfono móbil, ben sexa android ou iphone, así como unha

conexión a Internet, ben a través da wiffi ou con datos. Deixámosvos un arquivo adxunto.

Ánimo e a disfrutar un día máis.

Unha aperta.

AdxuntoTamaño
Realidade en 3d na casa.pdf3.99 MB