Actividades para o luns 30 de marzo de 2020.

 

Estimadas familias e estimados alumnos comezamos a última semana deste trimestre e, unha vez máis, temos que facelo de xeito telemático. A partir do próximo luns 6 de abril e ata o luns 13 de abril, ámbolos dous incluídos estaríamos de vacacións de Semana Santa. 

As actividades para o día de hoxe son as seguintes:

Rutinas: igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos. A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Podemos convertir tamén nunha rutina o de debuxar o virus na man, para que laven a miúdo as manciñas e desparezca dunha vez por todas este virus que nos está a visitar. Podedes facer un rexistro de cada día para ver se conseguiron ou non eliminar o virus da man.

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica, documento que deixamos colgado xa en días anteriores.

Seguimos sendo súper heroes: como bos super heroes temos que saber moi ben lavar as nosas mans. Estamos seguros de que todos e todas sabedes como se fai, pero nunca está de máis recordalo. Ademais podemos facer un experimento moi chulo para comprobar se o facemos da forma axeitada.

Para facer o experimento necesitamos guantes de usar e tirar e tamén pintura lavable. No caso de non ter algún destes materiais non pasa nada, podemos facelo igual.

Deixamos un vídeo onde nos explican como o temos que facer. Sería convinte que primeiro o visionásedes e logo o levásedes á práctica. Coma sempre podedes facer algunha fotografía e enviárnola ao mail da aula.

O enlace do vídeo é o seguinte:

https://www.youtube.com/watch?v=y0a3FYZFwvE 

Ademais do vídeo tamén vos imos a deixar un xogo no cal poderedes lavar as mans, pero de xeito telemático, ao igual que o traballo que estamos facendo:

Neste xogo temos a unha pantasma que nos vai a ensinar moitas cousas. Para poder entrar tendes que clicar no seguinte enlace: http://recursostic.educacion.es/infantil/fantasmin/web/ 

Unha vez que estemos dentro desta páxina clicamos en alumnado:

Unha vez que entremos, aparece un castelo. Clicamos onde está a porta.

Logo clicamos na fonte de auga e xa podemos lavar as mans.

Para facer ben o xogo temos que clicar co rato encima das manchas e irán desaparecendo pouco a pouco.

Unha vez que facemos isto, podemos seguir investigando pola páxina xa que de seguro atopamos moitas máis xogos.

Exploramos animais?” Esta é unha actividade sorpresa para os nenos. Pincha no documento adxunto, no cal se explica como poder disfrutar con eles.

Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor maneira de aprender é xogando.

Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com

 

Un saúdo e un abrazo da profe.

AdxuntoTamaño
Realidade en 3d na casa.pdf3.99 MB