PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O VENRES 27 DE MARZO
Estimadas familias, aquí vos deixamos algunhas das actividades que se propoñen para o venres 27 de marzo.
- Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas RUTINAS. Primeiro rodeamos no calendario o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes recordar en que mes, estación( que fai uns días que comezou) e o ano no que nos atopamos. Estes días tamén podemos converter nunha rutina o de debuxar na manciña un virus( con rotulador),como xa vos dixen anteriormente , para que laven moi a miúdo as mans e ese "maldito" virus desapareza canto antes. Podedes facer un rexistro, é dicir, apuntar a diario se o conseguimos ou non, borrar o debuxo.
- A PRIMAVERA xa está aquí!Por iso vos invitamos a facer unha COMPOSICIÓN ARTÍSTICA empregando elementos do contorno( si tedes xardín ou horta: follas, flores, algunha pluma que lle puidera caer a algún paxariño, pedriñas, paus...)ou da vida cotiá( palillos, algodóns, tona de laranxa, de limón, tapóns de botellas, pasta de cores, arroz, papeis de cores... Todo aquilo que se vos ocurra. Os nenos/as deben facer a montaxe, cando a súa creación estea feita podedes sacarlle unhas fotiños e iranse subindo a web do cole. Poden facer todas as creacións que queiran, facer unha, desfacela...crear outra...Deixade voar a súa imaxinación!!!
- Reto SÚPER HEROE E SÚPER HEROÍNAS: xa levamos uns días comprobando a importancia de lavarnos as mans. O reto que se vos propón é o seguinte: Comprobar o que ocorre cando collemos ou tocamos obxectos coas mans sen lavar.
Material que precisamos:
- 3 rebandas de pan de molde.
- 3 bolsas para conxelar alimentos.
Proceso de elaboración:
- Collemos unha rebanda de pan de molde sen tocar coas mans( empregando uns guantes ou unhas pinzas) e metémola nunha bolsa.
- Collemos a segunda rebanda de pan coas mans sucias e tocámola rebanda varias veces, gardámola noutra bolsa.
- Por último, lavamos moi ben as mans con auga e xabón; gardámola na bolsa que nos queda e... a ver que pasa?
Diariamente deben ir observando o que vai sucedendo con cada rebanda de pan.
Para saber cal está en cada bolsa podedes facerlle un debuxo á bolsa, poñerlle un número, ou algún símbolo....
O primeiro día serán todas iguais, e co pasar dos días que acontecerá?
Os nenos/as como bos científicos, poderán plantexar a súa hipótese( o que cren eles que vai pasar). Podedes recollela e co cabo dos días comprobar se a hipótese que eles plantexaron era a correcta ou non.
- XOGO EN FAMILIA: aproveitando que levamos uns días xuntando tapóns, que vos parece se xogamos ás Chapas cos nosos pequenos?
Ánimo e a disfrutar cos vosos pequenos!!!!!!!