Traballo 27 de marzo.

Ola!

Estamos xa rematando esta segunda semana sen clase, de confinamento. Que tal o levades? Agardo que ben, que non se vos estea facendo moi duro.

Deixovos o traballo para mañá:

Matemáticas: un pouco de cálculo e dous problemas.

Sociais: Imos comezar a estudar a historia de España, os dous temas que nos quedan no libro. Pode ser un tema un pouco complicado porque aparecen moitos nomes que non coñecedes, datos que recordar ... pero tamén pode ser divertido. Deixovos o enlace dun vídeo moi cómico que recolle como se produciron algúns dos feitos que imos estudar no tema 6. Non quero dicir máis, védeo no vídeo.

Deixovos o enlace

https://www.youtube.com/watch?v=_xrYyoQ2FWA

Lingua: Coñecedes o xogo dos story cubes? Son dados con imaxes, que se lanzan e hai que compoñer unha historia cos debuxos que apareceron. Teñen que aparecer todos os elementos, pero na orde que vós decidades. 

No documento adxunto aparece o enlace do vídeo de sociais e a imaxe dos dados coas figuras que tedes que empregar.

Facede unha historia con sentido. Non ten que ser moi longa pero facédea cunha estrutura semellante á dun conto. Coidade a expresión e a ortografía, por favor.

Que teñades un bo fin de semana. O domingo volverei a escribirvos.

Un saúdo.

AdxuntoTamaño
27 marzo sociais e lingua.pdf138 KB
cálculo e problemas.pdf59.11 KB