Outras actividades que nos van mandando os nosos compañeiros.

Hai algúns compañeiros que nos van enviando algunhas fotografías dalgúns traballos que van facendo, pola súa conta.

Deixámosvos con algunhas fotografías das que nos mandaron.

Zeltia, da aula de 5 anos, creou a súa propia mascarilla para protexerse contra o COVID-19

Andrea, da clase de cinco anos, xogando no xardín da casa e tamén no seu rincón de traballo.

Mateo, da clase de 3 anos, facendo galletas, que ricas!!

   
   

Amelia, da clase de 3 anos,  segue facendo debuxos para animarnos a quedar na casa e dicindo que cada vez xa nos queda menos.

Lucía, da clase de 3 anos, fixo un biscoito coa axuda do seu irmán, e tamén coloreu un debuxo dunha torta de aniversario.

Noa Romay, de tres anos, está facendo un diario de todo o que vai realizando durante este confinamento.

Martina, da clase de tres anos, pintando un debuxo coas témperas.

Nicolao, da clase de 4 anos, "curando" as xoguetes que previamente estaban "infectados".

Candela, da clase de 5 anos, no seu rincón de traballo dentro da casa.

Cristina, da clase de cinco anos, facendo un experimento con ovos, auga e sal, para ver onde flotará o ovo e onde non o fará.

Eloi, de cinco anos, mandounos unhas fotografías dos agasallos que fixo para o día do pai.

Álvaro, da clase de cinco anos, tamén está deixando recollido todo o que vai facendo durante este confinamento.

Moitas gracias a todas as familias por enviarnos as fotografías e por todo o traballo que estades facendo con eles. Gústanos moito ver como van pasando os días os nosos alumnos.

Ánimo que cada vez queda menos para que nos poidamos ver todos de novo na escola.

Un saúdo e un abrazo das mestras.