Bos días! O traballo para mañá xoves será o seguinte: Matemáticas: unha ficha sobre as unidades de medida e o paso dunha a outra. Comezamos pola lonxitude. Lingua: Uns exercicios de repaso sinxeliños. Naturais: Gustouvos o vídeo de onte? Entendéstedelo? Outro día seguiremos traballando o tema da enerxía. Hoxe propóñovos que fagades un texto explicando a información básica sobre os cogomelos para un grupo de persoas que participan nunha actividade na que vós sodes monitor@s. Animádesvos? Unha aperta. |
|||