Actividades para o mércores 25 de marzo.

   Estimadas familias, as actividades para o día de hoxe son as seguintes:

Rutinas: igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos (recordade que o venres comezou a Primavera). A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Podemos convertir tamén nunha rutina o de debuxar o virus na man, para que laven a miúdo as manciñas e desparezca dunha vez por todas este virus que nos está a visitar. Podedes facer un rexistro de cada día para ver se conseguiron ou non eliminar o virus da man.

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica, documento que deixamos colgado xa en días anteriores.

 

·      Seguimos sendo súper heroes: e desta vez deixamos un novo reto: A vitamina C sempre é importante pero contra este virus é esencial. Por iso vos propoñemos este novo reto que é… FACER UN ZUME DE LARANXA E … TOMALO!!

Podedes contar cantas laranxas necesitamos, e logo partímolas pola metade e volvemos a contar. Cantas temos agora, máis ou menos, que pasa se as volvemos a xuntar,… O máis importante é que os nenos intenten facelo coa menor axuda posible.

 

·      Actividade impresa: hoxe deixovos dous documentos diferentes. Un de atención e outro de grafomotricidade. Podedes escoller o que máis vos apeteza.

 

Faemos pompas de xabón: a través da Educación artística trabállase a imaxinación, a creatividade, a motricidade fina…ademais sérvelle ao alumnado para expresar emocións, sentimentos, pensamentos, observacións…Para captar a atención dos nenos/as é importante empregar diferentes tipos de materiais, por iso a continuación vos propoñemos unha actividade que implican a manipulación de materiais que podemos ter nas nosas casas de xeito cotiá.

Vamos a facer pompas de cores:

Materiais:

  •  1 vaso de auga.
  • ½ de vaso de deterxente para lavar pratos líquido.
  • 1 chorriño de glicerina ou gomina.
  • colorante en gotas, témpera,…
  • Palliñas.

Pasos:

1.  Mesturamos nunha xerra os ingredientes sen chegar a bater para que non fagan espuma.

2.  Si queres mellorar os resultados podes deixalos repousar un día enteiro.

3.  Repartide o líquido en diferentes botes e pon en cada un algunhas gotas de colorante líquido ou témpera disolta segundo escollerades.

4.    Metede a palliña en cada bote, remexedes un pouquiño, quitádela para fóra e a probar se saen.

 

·      Hoxe deixámosvos tamén unha canción que fixeron os compañeiros do CRA de Monterrei sobre a importancia de quedar na casa durante este tempo no que o Coronavirus anda polas nosas rúas:

https://www.youtube.com/watch?v=HMcyDXygkZE

Esperamos que disfrutedes moito con ela.

 

·      Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor maneira de aprender é xogando.

 

   Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com

 

NOTA: mañá é mércores, día de celebración dos aniversarios dos nenos/as que cumpren neste mes. Animádevos a mirar no blogue do cole no apartado de infantil, onde estamos colgando as fotos das actividades que estamos levando a cabo estes días. Alí haberá unha sorpresiña para eles/as.

Un saúdo e un abrazo da profe.

AdxuntoTamaño
Actividades atención.pdf3.37 MB
Grafomotricidade.pdf3.48 MB