Proposta de Actividades para o mércores 25 de marzo

Estimadas familias, outro día máis, aquí estamos deixándovos algunhas das actividades que se propoñen para o mércores 25 de marzo.

  • Comezaremos como vimos facendo tódolos días coas Rutinas. Primeiro rodeamos no calendario o día que é hoxe(poden cantarvos a canción dos días da semana), a continuación cantan a canción " da ventaniña da clase" e debuxan no  calendario o tempo que fai. Tamén lle podedes recordar en que mes, estación( que fai uns días que comezou) e o ano no que nos atopamos. Estes días tamén podemos converter nunha rutina o de debuxar na manciña un virus( con rotulador),como xa vos dixen anteriormente , para que laven moi a miúdo as mans e ese "maldito" virus desapareza canto antes. Podedes facer un rexistro, é dicir, apuntar a diario se o conseguimos ou non, borrar o debuxo.
  • Agora toca poñernos mans á obra:

VAMOS A FACER POMPAS DE CORES:

Materiais:

  •  1 vaso de auga.
  • ½ de vaso de deterxente para lavar pratos líquido.
  • 1 chorriño de glicerina ou gomina.
  • colorante en gotas, témpera,…
  • Palliñas.

Pasos:

1. Mesturamos nunha xerra os ingredientes sen chegar a bater para que non fagan espuma.

2. Si queres mellorar os resultados podes deixalos repousar un día enteiro.

3. Repartide o líquido en diferentes botes e pon en cada un algunhas gotas de colorante líquido ou témpera disolta segundo escollerades.

4. Metede a palliña en cada bote, remexedes un pouquiño, quitádela para fóra e a probar se saen.

Moita sorte!!!!!!!!!!

  • Novo reto para os súper heroes. Como ben sabedes sempre é importante tomar moita vitamina C, pero nestes días máis que nunca .É fundamental para loitar contra este virus que anda pululando por tódolos recunchos do mundo. Por iso vos animamos a que os nenos fagan un Zume de Laranxa. Ademais de preparar o zume, tamén aproveitamos para ir practicando aspectos lóxico- matemáticos. Por exemplo: contar cantas laranxas necesitamos para facer o zume; partilas pola metade e ver en cantas se converten. Ahhh e o máis importante, o zume hai que probalo ehhh??????
  • Tamén vos deixamos un enlace dunha canción súper divertida, relacionada co Coronavirus, para que a disfruten os máis pequenos da casa e segan concienciándose da importancia de quedar na casiña estes días.

Enlace: https://www.youtube.com/watch?v=HMcyDXygkZE

·     Coma tódolos días vou deixarvos nun arquivo adxunto unha actividade impresa.

NOTA: mañá é mércores, día de celebración dos aniversarios dos nenos/as que cumpren neste mes. Animádevos a mirar no blogue do cole no apartado de infantil, onde estamos colgando as fotos das actividades que estamos levando a cabo estes días. Alí haberá unha sorpresiña para eles/as.

Unha aperta, xa nos queda menos.

 

AdxuntoTamaño
RELACIONA CADA ANIMAL COA SÚA SILUETA.pdf253 KB