Boas! Deixo aquí unhas instrucións de como enviar os vídeos directamente dende o teléfono ao meu correo, faise en menos de 5 minutos! * Adxunto unha imaxe onde podedes ver o paso a paso. 1- Abrimos a Galería de imaxes 2- vamos á carpeta de Vídeos e escollemos o que queremos enviar 3- cando escollemos o vídeo, aparecen varias opcións debaixo e unha delas é a de Compartir 4- cando lle damos a Compartir, aparecen unha serie de opcións, a nós a que nos interesa é a de Gmail 5- dámoslle a Gmail e aparece o cuadro para enviar o arquivo por correo, e onde aparece o meu correo aparecerá a vosa dirección, e debaixo onde pon "para" tedes que poñer o meu correo. Logo, dámoslle a esa flecha pequena que aparece enriba á dereita que é a de Enviar. Calquera cousa, por favor enviádeme un correo.
|
|||||||