Actividades para o martes 24 de marzo de 2020.

Estimadas familias, as actividades para o día de hoxe son as seguintes:

·      Rutinas: igual que os días anteriores facemos as rutinas do calendario: rodeamos no calendario o día de hoxe e debuxamos o tempo que fai. Logo recordamos o día da semana que é, o día do mes, o mes, o ano e a estación na que estamos (recordade que o venres comezou a Primavera). A continuación contamos tantos obxectos (poden ser palillos, pompóns, garabanzos,…) como o día do mes no que estamos. Farémolo cada diante e intentaremos tamén facer a conta atrás, como facemos todos os días na escola.

Podemos convertir tamén nunha rutina o de debuxar o virus na man, para que laven a miúdo as manciñas e desparezca dunha vez por todas este virus que nos está a visitar. Podedes facer un rexistro de cada día para ver se conseguiron ou non eliminar o virus da man.

Ademais podedes seguir facendo algunhas actividades sobre a vida práctica, documento que deixamos colgado xa no día de onte.

 

·      Seguimos sendo súper heroes: e traballando co conto Rosa Contra el virus. Recordaremos o conto e faremos a segunda actividade que nos proponen no mesmo (debuxa o virus como un monstruo e busca ideas para vencelo) Podedes debuxar o virus ou representalo co material que queirades. Unha idea sería aproveitar a plastilina que fixemos o outro día para darlle forma. Se queredes podedes mandarnos algunha fotografía do virus que fagades.

 

·      Actividade impresa: hoxe tócanos traballar a lecto escritura. Escollemos unha actividade que nos guste do documento adxunto e a realizamos. Tamén podedes practicar a facer a grafía das letras nun tupper ou caixa con arroz ou fariña, tal e como xa fixemos na aula. Tamén podedes "debuxar" a letra sobre o brazo ou perna dalgún familiar e eles teñen que adiviñar cal é ou poden ser eles o que volo debuxen a vós e ser vós os que teñades que adiviñar a letra que están "escribindo".

 

·      Hoxe toca actividade de movemento: na batería de actividades que deixamos a semana pasada había algúns xogos que podíamos realizar para mover un pouco o esqueleto (3 pasos dunha formiga ou a pita cega). Escollede un xogo da batería, ou calquera outro que a vós vos guste e a xogar. O importante é pásalo ben e moverse un pouco.

 

·      Xogade, xogade moito con eles, pois a mellor maneira de aprender é xogando.

 

NOTAide gardando tapóns que vaiades usando, xa que logo, nos vindeiros días imos propoñervos unha actividade na que os imos precisar.

 

   Se tendes calquera dúbida coas actividades poñédevos en contacto con nós a través do mail da aula: abanqueiroinfantil5anos@gmail.com

 

 

Un saúdo e un abrazo da profe.

AdxuntoTamaño
Actividades lectoescritura.pdf998.17 KB