Ola! Deixovos traballo para mañá martes de lengua, lingua e matemáticas. En matemáticas imos repasar os números enteiros e as coordenadas, lembrades? En lingua unha ficha de repaso de distintos contidos que fomos traballando ao longo do curso. E para lengua escribir unha entrevista. Lembrade o que traballamos na clase coa que vos levei de Benedicta. Comezando presentando á persoa que entrevistas e despois as preguntas que lle fas. Podedes entrevistar a alguén da vosa familia ou inventar @ entrevistad@. Tamén podedes simular entrevistar a alguén famoso. Saúdos.
|
|||||||||